O equipo é grande
Venres Febreiro 05th 2010, 9:37 p.m.
Filed under: Sen clasificar



Fin de Xira en Baiona, sábado 30 ás 20:00 (¡¡¡¡¡¡¡¡¡)
Xoves Xaneiro 28th 2010, 8:46 a.m.
Filed under: A Xira: Os soños de Walla

A primeira edición do programa TeaTracción rematará este sábado tras ter representado Os soños de Walla por nove Concellos socios do Fondo Galego. Baiona acolle a derradeira función desta xira inusual, o sábado no Auditorio V Centenario ás oito da tarde.



Este sábado ás 20:00, en OUTES (na Casa da Cultura) TEATRACCIÓN(¡)
Xoves Xaneiro 21st 2010, 11:05 a.m.
Filed under: Sen clasificar

Todo ten comezos e finais, o teaTracción está a piques de rematar…

Os Soños de Walla, última función, sábado 30 en Baiona (¡)



Os aplausos en Oleiros, Sábado 16 de xaneiro
Luns Xaneiro 18th 2010, 11:40 p.m.
Filed under: A Xira: Os soños de Walla,Sala de vídeo



FELIZ 2010¡ LER É SAÚDE: Antonio Gramsci, Paulo Freire e Augusto Boal Teatro e dinámicas de concientización e participación social.
Mércores Decembro 30th 2009, 10:56 a.m.
Filed under: A Xira: Os soños de Walla

Incorporamos nestas datas de burbullas e turróns un texto de Manuel F. Vieites (Director da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia) sobre a relevancia do teatro como exercicio liberador:

«O teatro ten constituído, ó longo dos séculos, un privilexiado instrumento en procesos de liberación e emancipación, tanto no plano individual como no colectivo, alén de ter sido un espacio no que recuperar a voz , no que desenvolver estratexias de descubrimento e recoñecemento, e no que moitos colectivos asumiron a condición de actores sociais. O traballo de intelectuais como Antonio Gramsci, Paulo Freire e Augusto Boal, desenvolvido nos eidos da política e da cultura, da educación e do teatro, mostran como as dinámicas de liberación presentan moitas similitudes e invitan a un traballo interdisciplinar consonte a natureza complexa e global das problemáticas que afectan o desenvolvemento dunha sociedade máis xusta e solidaria…»

Son 26 páxina cheas de claves. Para pensar, hai que ler(¡)

Antonio Gramsci, Paulo Freire e Augusto Boal teatro e dinámicas de concientización e participación social



Walla no Barco
Luns Decembro 21st 2009, 8:11 p.m.
Filed under: A Xira: Os soños de Walla

muletas

walla88

99



coltán, coltán (Dicionario teaTracción por XulloXullo)
Luns Decembro 21st 2009, 8:05 p.m.
Filed under: Miscelánea

O coltan está formado, pois, pola mestura de columbita, que está composta por óxidos de niobio, ferro e manganeso, e tantalita que está composta por óxido de tántalo, ferro e manganeso en calquera proporción. Estes óxidos constitúen unha solución sólida en ambos os minerais. O coltán é de cor gris metálico escuro. Deste raro mineral extráese o tantalio, que posúe unha gran resistencia á calor e excelente conductividad, polo que é imprescindible para a fabricación de novas tecnoloxías: : teléfonos móvies, GPS, satélites artificiais, armas teledirixidas, televisores de plasma, videoconsolas, ordenadores portátiles, PDAs, MP3, MP4, etc.

Na República Democrática do Congo (RDC) atópase o 80% deste prezado mineral. Nos 10 últimos anos, grandes multinacionais, como Nokia, Ericsonn, Siemens, Sony, Bayer, Intel, Hitachi ou IBM, dispútanse o tesouro a través de aliados autóctonos.

A explotación do coltán está intimamente relacionada á escravitude (soldos moi baixos, condicións de traballo pésimas e exposición directa con materiais radioactivos: os que acompañan ao coltán no mina). Pero o gran problema da extracción do coltán non é só a escravitude senón tamén a guerra provocada polas faccións, dirixentes locais, guerrillas etc. que se disputan o control da minas. Unha guerra da que son cómplices as multinacionais que tratan de proverse de mineral.

Na guerra do coltán, calcúlase que desde 1998 morreron case cinco millóns e medio de persoas.




ESTE FIN DE SEMANA PARADA DOBRE: SÁBADO 19, 20:00, O Barco de Valdeorras (Teatro Lauro Olmo), DOMINGO 20, 20:30, Ourense (Auditorio Municipal).
Venres Decembro 18th 2009, 1:52 p.m.
Filed under: A Xira: Os soños de Walla

0-soldados1



Video teatro Viveiro
Luns Decembro 14th 2009, 10:57 p.m.
Filed under: Sala de vídeo



Viveiro, máis de douscentos ollos(¡)
Luns Decembro 14th 2009, 9:40 a.m.
Filed under: A Xira: Os soños de Walla

Competir co Barça e o Madrid non é doado, iso sábeo todo o mundo.

Moitos nenos, algún traste e algún comilón, algún concentrado ate ao final, facéndose preguntas, quizásis re-soñándoo pola noite.

Non temos fotos, o burócrata sen pilas. Se alguén empregou máis ollos, un terceiro,  para ter recordo-retrato do acontecido, que se lembre de mandárnolas.

Moitas gracias a Concellería de Servizos Sociais que tan ben nos tratou, e que se preocupou por competir con dignidade ante o grande espectáculo do fútbol televisado. E así foi. Non había cafetería en Viveiro que puidera competir con nós(¡)

Máis de 100 persoas (112 contou O Burócrata) soñaron con Walla, que outros soños son posibles.

PD: SÁBADO 19 NO BARCO DE VALDEORRAS, DOMINGO 20 EN OURENSE (NON PODEN FALTAR, ÚLTIMOS PASES NA PROVINCIA)




Olark Livehelp